Saturday 21 de September de 2024

Inauguración da exposición dos obradoiros municipais de pintura este venres na Fábrica


A Fábrica, en Perillo, será a sede da exposición colectiva dos obradoiros de pintura municipal. O acto de inauguración terá lugar o venres 1 de xullo ás 20:30 horas.

Os veciños e veciñas que desexen gozar das obras realizadas nas actividades de pintura organizadas polo Concello, poderán realizalo do 1 ao 14 de xullo de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.