Saturday 23 de November de 2024

A Pobra fomenta a creatividade da rapazada cuns obradoiros de pintura no verán


A casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal albergará neste verán uns obradoiros de pintura dirixidos á rapazada para xerar así uns espazos onde desenvolvan a súa creatividade ao tempo que se introducen no mundo arte segundo explica a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Estes talleres serán impartidos pola artista Aida López dende xullo a agosto e divídense en dúas quendas: os martes e xoves para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e 8 anos; mentres que os mércores e venres se reservan para 9 anos en diante. En ámbolos casos, o horario estipulado é de 11.00 a 12.30 horas.

Máis información e inscricións na referida dependencia municipal ou no teléfono de contacto 981831545.