Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Neda convida a nenos e nenas a participar nas Xornadas de Iniciación ao Dúatlon


A actividade é gratuíta, con inscrición previa no Centro Cívico

Celebraranse 2 sesións, nos Subarreiros e na polideportiva do Roxal

O Concello de Neda convida aos nenos e nenas de entre 7 e 14 anos a participar nas Xornadas de Iniciación ao Dúatlon que organizará no mes de xullo coa colaboración do TriNáutico Narón. As sesións son gratuítas e celebraranse nos Subarreiros o martes 12 de xullo e na polideportiva do Roxal o xoves 14 de xullo. Nos dous casos, en horario de 10:30 a 12:30 horas. As prazas son limitadas e, en caso de que a demanda supere a oferta, terán preferencia os nenos e nenas empadroados/as en Neda.

O prazo de inscrición está aberto, e debe formalizarse no Centro Cívico, de forma presencial ou chamando ao 981 49 41 31, en horario de 9:15 a 12:15 h de luns a venres.

Para participar vale calquera tipo de bicicleta, é preciso tamén aportar o casco e, sobre todo, vir con moitas ganas de pasalo ben. A actividade estará guiada polos técnicos do Náutico de Narón, todo un aval de bo facer, e cuxo equipo femenino este ano logrou facerse co Campionato de España de Clubes, así como coa segunda posición na Liga de Clubes.