Friday 22 de November de 2024

Xabier Díaz, volta á orixe


Co concerto de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre arrinca o ciclo “Xullo, mes da Patria”.

A cita será o venres, 1 de xullo, ás 21:00 h, no paseo marítimo de San Valentín, con entrada de balde. O concerto terá lugar na parroquia que hai 40 anos acolleu os comezos musicais de Xabier Díaz, na escola de gaitas do CPS San Valentín, dirixida polo mestre Manolo Doval.

Xabier Díaz regresa coas Adufeiras de Salitre, Roberto Grandal, tamén veciño de Fene, e Iván Costa para cantar e bailar co seu terceiro álbum As catedrais silenciadas.

As catedrais silenciadas, é quizais a obra que mellor reflicte a esencia do seu encontro e, tamén, a que explora os límites deste formato con maior profundidade. Este último traballo actualiza diferentes tipos de formas musicais: hai pasodobres como No Salón das Cereixas, xotas como Illas de Sal, alalás como o tema que da título ao disco, ribeiranas como Tentenublo e muiñeiras e agarrados como o de Vilar de Cabeiras 2.0.

As vindeiras citas do ciclo serán:
Xoves, 7 de xullo, ás 21:00 h, na praza do alcalde Ramón José Souto González, monólogo de Pepo Suevos co espectáculo Humor salvaxe (Rede Cultural).

Venres, 8 de xullo, ás 18.00 h., festa infantil na Praza do alcalde Ramón José Souto González.