O programa ‘Observando o cosmos’ chega mañá ao seu fin, cunha última sesión que terá lugar no campo de fútbol do Mesón do Vento a partir das 22 horas. Nesta iniciativa desenvolvida polo Concello de Ordes levan participado nas dúas sesións que tiveron lugar ata o de agora un bo número de veciños e veciñas de todas as idades. Ademais de descubrir os segredos e unha morea de curiosidades en cuestión de astronomía, todas e todos eles puideron contemplar estrelas e planetas a través dun microscopio profesional e a carón de expertos na materia. A dita iniciativa forma parte do proxecto ‘Todo cosmos’ no que participan a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, a Universidade de Santiago de Compostela, o observatorio astronómico José María Ayer e o Ministerio de Economía e Competitividade.
Articulos relacionados
Neda recuperará as sesións de adestramento dirixido no ximnasio municipal
octubre 10, 2023 Comments are off 0 visitas
As persoas interesadas en participar deben anotarse no Centro cívico O Concello de Neda pretende ...
O Concello de Boqueixón impartiu charlas e obradoiros sobre Primeiros Auxilios no CPIP Antonio Orza Couto
noviembre 20, 2018 Comments are off 211 visitas
O Concello de Boqueixón impartiu recentemente unha serie de obradoiros e charlas sobre Primeiros Auxilios. ...
A mellora da contorna do centro social de Vixoi executarase a través dos orzamentos participativos
noviembre 17, 2022 Comments are off 0 visitas
· A proposta, que se incorporará na partida de equipamentos do orzamento municipal para 2023, ...
