Numerosos veciños e veciñas do municipio trasladaron ao Concello o seu malestar por ter que agardar á intemperie mentres esperan para ser atendidos nas urxencias do centro de saúde de Santa Cruz. Persoas maiores, nais con bebés lactantes, persoas con discapacidades… vense obrigadas a permanecer no exterior, soportando frío ou chuvia.
O centro dispón dunha gran sala de espera para as urxencias, nas que poder agardar en cadeiras, sen ter que sufrir as inclemencias do tempo. O uso obrigatorio de mascara, así como a posibilidade de manter a distancia pola amplitude dos espazos interiores do centro de saúde, garante que o risco de contaminación sexa mínimo.