Friday 22 de November de 2024

O Concello de Boqueixón entrega agasallos á rapazada participante na actividade “Lettering pola igualdade”


O alcalde achegou carpetas personalizadas coa lenda “A educación é a vacina contra a violencia”, deseñadas no obradoiro pola nena Irene Lareo Serramito, e chapas do CIM de Boqueixón

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, vén de entregar unha serie de agasallos aos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria que participaron na actividade “Lettering pola Igualdade”, que tivo lugar o pasado mes de abril. O agasallo consistiu nunhas carpetas personalizadas coa lenda gañador do obradoiro: “A educación é a vacina contra a violencia”, deseñado pola nena Irene Lareo Serramito (5º de Primaria), e unhas chapas deseñadas polo Centro de Información á Muller de Boqueixón.

Este obradoiro forma parte das actividades de sensibilización en igualdade e prevención da violencia organizadas polo Concello e o CIM de Boqueixón, financiado con cargo aos fondos do Pacto de Estado en Materia de Violencia. Un taller que tivo lugar durante as vacacións de Semana Santa e no cal se traballou a creatividade na escritura e no deseño gráfico.