Friday 22 de November de 2024

O Concello organiza noites de cine ao aire libre durante todo o verán


· Comezarán o venres, 8 xullo, na Ponte do Porto coa proxección de ‘A casa da luz’ no paseo fluvial e posteriormente haberá sesións en Xaviña, Santa Mariña, Camelle, Camariñas, Buría e Arou.

· Haberá flocos de millo gratis para os asistentes.

O Concello de Camariñas programa durante todo o verán noites de cine ao aire libre por todas as parroquias, comezando o venres 8 de xullo na Ponte do Porto, no paseo fluvial.

Todas as sesións comezarán a partir das 22 horas e está previsto que as pantallas se instalen no exterior en diferentes lugares pero, se chove, trasladaranse a espazos cubertos. Todos os asistentes recibirán flocos de millo gratuítos.

O calendario de proxeccións é o seguinte:

• ‘A casa da luz’: venres 8 de xullo. Paseo fluvial (se chove no Centro Cultural). Ponte do Porto.
• ‘Nocturna, unha aventura máxica’: venres 22 de xullo. Praza da Igrexa (se chove no Centro Cultural). Xaviña.
• ‘Maimiño e o espello máxico’: sábado 23 de xullo. Santa Mariña.
• ‘Los Croods 2: una nueva era’: venres 29 de xullo. Praza da Igrexa (se chove na Casa do Alemán). Camelle.
• ‘Padre no hay más que uno 2’: venres 5 de agosto. Praza do Mercado (se chove na Casa de Pedra). Camariñas.
• ‘Onward’: venres 19 de agosto. Praza da Igrexa (se chove na Casa de Pedra). Camariñas.
• ‘Trolls 2: gira mundial’. Venres 26 de agosto. Praza da Praia (se chove no centro da Estivada). Arou.