Friday 22 de November de 2024

O Concello impulsa un ano máis a campaña “Narón pola igualdade e diversidade sexual”


O Concello de Narón impulsa un ano máis a campaña “Narón pola igualdade e a diversidade sexual”. Unha gran pancarta co citado lema loce dende hoxe na porta principal do Concello, donde tamén se colocou a bandeira LGTBI, que permanecerán nas citadas ubicacións con motivo da conmemoración, o 28 de xuño, do Día da Diversidade Sexual. As edís de Igualdade, Mar Gómez; Benestar Social, Catalina García, e a concelleira responsable do Servizo Sociocomuntiario, Mercedes Taibo, destacaron a implicación das súas respectivas áreas en particular e do resto en xeral co colectivo LGTBI. A alcaldesa explicou que a través desta iniciativa “contribuirase dende a administración local a sensibilizar á cidadanía e visibilizar a importancia da tolerancia e igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero”.

O Concello colaborará tamén na difusión de material relativo a esta campaña, co fin de respaldar os obxectivos da mesma e ademais colocará a bandeira coas cores do arco da vella no Consistorio, publicando unha imaxe nas redes co cancelo #seresentir e #DeputacióndaCoruña, como mostra de adhesión e compromiso do Concello. A glorieta de Freixeiro tamén estará iluminada dende hoxe ata o 30 de xuño coas cores da bandeira LGTBI.

A maiores, un ano máis o Concello adheriuse á campaña “Liberdade de ser e sentir!”, impulsada pola Deputación da Coruña con motivo do Día da Diversidade Sexual.