A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, participou hoxe no acto de entrega das bandeiras azuis de Galicia.
A praia de Arou volverá a lucir este ano a bandeira azul. Ademais, o Concello de Camariñas , recibiu dous distintivos máis. Un foi para o Museo Man de Camelle, recoñecido como Centro Azul, e o outro para o Faro Vilán, que obtivo por primeira vez este distintivo.