Mércores 06 de Xullo de 2022

Verbena, pasacalles e moita diversión nas festas das Angustias 2022


• A programación comezará o venres, 1 de xullo, ata o domingo, 3 de xullo.

Volven as festas das Angustias a Cariño, tras os anos de parón pola pandemia, e fano cunha programación que comezará o venres, 1 de xullo, e estenderase ata o domingo, 3 de xullo.

O venres, 1 de xullo, abriranse as festas ás 12 horas co lanzamento de 21 bombas de palenque. Ás 22:30 horas dese mesmo día terá lugar a verbena a cargo de Charanga Louband e Orquestra Acordes.

O sábado, 2 de xullo, a verbena, que tamén se celebrará ás 22:30 horas, terá como protagonistas a Orquestra Lume e Dj Party. Por último, as festas pecharanse o domingo, 3 de xullo, cun pasacalles ás 11 horas da banda de gaitas San Xiao do Trebo e, xa ás 12 horas, celebrarase a misa solemne que deixará paso á procesión en honra á Virxe das Angustias acompañada pola banda de gaitas San Xiao do Trebo e a Banda de Música de Ortigueira.