Saturday 16 de November de 2024

A piscina municipal de Boqueixón abre as súas portas este venres 24 de xuño


As instalacións do Forte estarán abertas ata o 5 de setembro en horario de luns a domingo, de 15:00 a 21:00 horas

A piscina municipal de Boqueixón abrirá a súa tempada de verán este venres 24 de xuño, se as condicións meteorolóxicas son propicias. As instalacións, emprazadas en O Forte, permanecerán abertas ao público ata o vindeiro 5 de setembro en horario de 15.00 a 21.00 horas, de luns a domingo. En caso de mal tempo, a piscina permanecerá pechada.

Os prezos dos bonos de 20 entradas son de 6 € (para menores ata 16 anos) e de 12 euros (para maiores de 16 anos). Ademais, ofrécense diferentes opcións de abonos familiares. A adquisición dos bonos deberase facer previo pago ao Concello de Boqueixón no numero de conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666. Despois entregarase o recibo ou xustificante de ingreso na piscina municipal, onde se retirará o abono.

Actividades complementarias

De xeito paralelo, a piscina municipal de Boqueixón acollerá de luns a venres polas mañás as actividades do programa de conciliación Verán Activo e os cursos de natación, dirixidos a escolares de Infantil e Primaria. Así mesmo, todos os mércores, de 17:30 a 20:00 horas, haberá servizo de bibliopiscina con libros para as familias e actividades para as crianzas. Deste xeito compleméntase a oferta de lecer destas instalacións municipais.