A programación conclúe mañá venres cunha xincana na piscina e unha actuación da Aula de Música do Concello de Oroso
A compañía Circo Expreso ofreceu o seu espectáculo de acrobacias ‘Un tonto no aire’ na zona exterior da piscina municipal de Sigüeiro, dentro da programación da Semana Cultural 2015 do Concello de Oroso. A actuación contou con máis dun cento de espectadores, sobre todo público infantil. Este número combina as habilidades dos artistas con exercicios sobre a corda con doses de humor.
A Semana Cultural chega mañá venres ao seu remate. Pola mañá, entre as 11 e as 13 horas, ofrecerá unha xincana de actividades no exterior da piscina. É unha proposta para maiores de 6 anos, gratuíta e con inscrición previa. E pola tarde, os compoñentes da Aula de Música do Concello de Oroso ofrecerán unha actuación a partir das 20 horas, tamén no exterior da piscina.