Durante os días 22 e 23 de xuño de 2022, ábrese un prazo extraordinario para que aquelas familias que, cumprindo os requisitos de idade dos participantes e a condición de empadroamento, poidan solicitar praza nos CSC onde hai vacantes.
A Rede dos CSC oferta as prazas vacantes nos seguintes CSC e quendas que se indican:
– Csc Pontepedriña: 4 prazas vacantes na primeira quincena e 6 vacantes na segunda quincena
– Csc Figueiras: 1 praza vacante na primeira quincena e 11 na segunda quincena
– Csc Marrozos: 2 prazas vacante na primeira quincena e 2 na segunda quincena
– Csc Laraño: 4 prazas vacantes na segunda quincena
– Csc A Gracia: 1 praza vacante na segunda quincena
Solicitude
A presentación da ficha de preinscrición deberá facerse na Casa das asociacións de Cornes, en horario de mañá, de 10 a 13h. Confirmarase a praza unha vez comprobada a condición de empadroamento por parte do Concello e cubriránse por rigurosa orde de recepción das mesmas.
Unha vez confirmada a praza deberase proceder co pagamento, obtendo a folla de liquidación da taxa a través da sede electrónica do Concello e realizando o correspondente pago xa sexa via online ou achegandose ao banco.
Poden descargar a ficha de preinscrición na sección de anuncios da paxina web santiagodecompostela.gal.
No CSC A Trisca non se realizará as “Cativadas de verán” por non ter o mínimo de inscritos requiridos. A aula de xogo permanecerá aberta cun obradoiro diario de creatividade no horario de 10 a 20h.