Os traballos, que serán executados pola empresa Vázquez y Reino, servirán tamén para completar a rede de abastecemento de auga pluviais
A Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Vázquez y Reino, por 227.651 euros, as obras de conservación e mellora de rúas no núcleo rural tradicional dos Vilares, na parroquia de Sísamo. A actuación, incluída no POS+Adicional da Deputación da Coruña, permitirá que Os Vilares se sume a núcleos singulares coma Cances Grande, O Rodo, Vilar de Cidre ou Castillón, nos que levamos a cabo actuacións integrais de dotación de servizos e pavimentación do rueiro con formigón co obxectivo de revitalizalos e poñelos en valor.
No caso dos Vilares está previsto actuar en 2.600 metros lineais de vías, nas que se realizará unha limpeza completa antes de proceder á pavimentación con formigón. Serán, en total, 9.000 metros cadrados de superficie.
As obras permitirán adecuar as vías ás aliñacións aprobadas no PXOM, pero tamén completar o o servizo público de abastecemento de auga ás zonas que carecen del. Deste xeito, está previsto colocar 175 metros de tubaxes, dúas bocas de rega e dúas válvulas de comporta. A drenaxe de augas pluviais completa o proxecto, que ten un prazo de execución de cinco meses.