Monday 25 de November de 2024

A concelleira Diana Sobral pon á OMAPU como exemplo do compromiso do Concello “para a plena integración social das persoas refuxiadas”


A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral Cabanas, asistiu hoxe ao acto de presentación da mostra e talleres ‘Somos Migrantes’, impulsado pola ONG Entreculturas. A exposición, localizada no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, achega ao público as dificultades de multitude de persoas desprazadas dos seus fogares por mor dos conflictos bélicos existentes no planeta.

Neste sentido, Sobral subliñou o compromiso do Concello da Coruña para aportar solucións ante “una problemática de escala global”. “Temos o recente caso da posta en marcha da Oficina Municipal de Atención ao Pobo Ucraíno (OMAPU). Máis de 300 persoas, na súa maioría mulleres e menores, están recibindo atención dos servizos municipais, de carácter integral e cobre tan necesidades básicas como a escolarización de menores, clases de castelán e participación en actividades deportivas, orientadas á inclusión e protección das persoas participantes”.

Sobral destacou que “o Goberno municipal de Inés Rey actuou con premura no contexto da agresión bélica sufrida por Ucraína e traballou desde o primeiro minuto para garantir a plena integración social das persoas refuxiadas”.