Saturday 16 de November de 2024

Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará dous días desta semana na cidade


Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este mércores e o xoves, nas inmediacións do novo centro de saúde. O vehículo permanecerá operativo o mércores 22 en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 e o xoves durante todo o día, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.