Saturday 16 de November de 2024

O Concello organiza unha saída á Ribeira Sacra para todos os públicos


· A viaxe será o sábado 9 de xullo e a data límite para anotarse é o 22 de xuño.

O Concello de Bergondo organiza unha saída sociocultural á Ribeira Sacra. Esta actividade, prevista para o sábado 9 de xullo, está dirixida a maiores de 18 anos ou menores acompañados dun responsable maior de idade.

O prazo para anotarse finaliza este mércores, 22 de xuño, ás 15 horas e as persoas interesadas poden formalizar a inscrición vía telefónica no 981 791 252 ou no 650 629 279, a través do correo electrónico cultura.deportes@bergondo.gal ou un formulario habilitado na web municipal.

As persoas participantes farán unha viaxe en catamarán polo Canón do Sil, visitarán o miradoiro de Penas de Matacás e coñecerán o pobo de Castro Caldelas. A saída está prevista ás 8 horas desde a casa do concello e a chegada, no mesmo punto, ao redor das 22 horas.

O prezo para anotarse é de 20 euros, unha cota na que están todos os gastos incluídos. As prazas son limitadas.