A praia de Gandarío de Bergondo acolleu hoxe a primeira xornada do campionato galego de augas abertas de salvamento e socorrismo, organizado pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia e que foi todo un éxito tanto de participación como de afluencia de público.
Na xornada de hoxe disputouse a proba nas categorías infantil e cadete, nas que participaron, en total, 203 socorristas de 12 clubs galegos: Club Natación e Salvamento A Estrada, Club Salvamento Sada- SASA, Club Salvamento Arteixo-SALVAR, Club Salvamento Carballo- SYSCA, Club Salvamento Vilagarcía, Club Acuático Umia, P. C. Salvamento Sanxenxo, Club Acuático Pontevedra-SAPO, Club Acuático Laracha – SAL, Club Natación Cerceda, Club Natación Santa Comba LB, Club Salvamento Ourense – SALVOUR.
Mañá, 19 de xuño, será a quenda para os participantes da categoría master, con 42 socorristas de 6 clubs chegados de todo Galicia: Club VIRSAL, Club Salvamento Sada – SASA, Club Salvamento Arteixo – SALVAR, Club Salvamento Carballo – SYSCA, Club Salvamento Vilagarcía e Club Acuático Umia. O horario será de 9 a 15:30 horas.