Van algunhas fotos do inicio do torneo de fútbol base que se disputa durante toda esta fin de semana no campo dos Currás, ao pé da piscina municipal, e tamén da estrea da obra “Pedras no camiño” preparada polo alumnado de 6º de Educación Primaria do CPI San Sadurniño dentro do proxecto LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje). A peza está escrita, dirixida, interpretada e decorada polas propias rapazas e rapaces con axuda das súas profesoras. Trata o tema do acoso escolar, incidindo en que ante este problema non se debe mirar para outro lado.