Friday 22 de November de 2024

Os nenos e nenas de Ordes despídense da súas escolas de verán ata o vindeiro ano


As escolas de verán do Concello de Ordes pecharon as súas portas deixando para o recordo de todas e todos os asistentes obradoiros creativos, excursións, saídas á natureza, xornadas na piscina, teatro, deporte, visitas culturais etc. O acto de clausura contou coa presenza do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e dos concelleiros Susana García e Luis Caamaño. Seguindo a liña argumental marcada polos distintos períodos da Historia, os preto de 100 inscritos que participaron da actividade aprenderon e desfrutaron, á par que fixeron novas amizades.

Unha vez máis o alcalde de Ordes falou da importancia deste tipo de iniciativas que permiten conciliar a vida familiar e laboral durante os períodos de vacacións. Tamén sinalou a súa intención de seguir adiante con este servizo no que “os rapaces e as rapazas compaxinan a diversión e a aprendizaxe nunha época tan especial para elas e eles como son as vacacións de verán”.