As semifinais serán o 2 de xullo e a final, o 9 de xullo.
O torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol celebrará neste verán a súa 35ª edición tralo parón de dous anos motivado pola pandemia.
Nesta ocasión son cinco as peñas participantes. O sistema de competición será por eliminatorias a un único encontro a disputar, en todos os casos, no Campo Municipal da Laracha.
Realizado o sorteo da competición, na rolda previa quedaron emparellados Soandres Veteranos e Bértoa, que xogarán mañá sábado a partir das 19:00 horas.
As semifinais disputaranse o sábado 2 de xullo, cos seguintes encontros:
• 18:00 h: San Ramón – Canteras El Pozo
• 20:00 h: San Román Veteranos – Vencedor da rolda previa.
O 9 de xullo xogaranse a final (20:00 h) e o partido polo terceiro posto (18:00 h).
En todos os casos a entrada para o público é gratuíta.