Entre as cuestións abordadas estivo o sistema de gardas.
O alcalde, José Manuel López Varela, mantivo unha reunión no Concello cos profesionais do sector do taxi á que se convidou a asistir a todos os titulares de licencias municipais.
Na xuntanza tratáronse cuestións relativas ao funcionamento do servizo e expuxéronse ideas para melloralo en beneficio tanto dos usuarios como dos profesionais do sector. Entre os temas abordados cabe salientar o sistema de gardas.
No encontro tamén se puxo de manifesto a satisfacción do sector polo resultado do proxecto executado recentemente polo Concello e que supuxo a completa transformación da parada da Laracha. Incluíu tanto a renovación e reorganización da zona de espera dos vehículos como a creación da nova marquesiña na Praza do Concello que está a disposición dos taxistas.