Saturday 16 de November de 2024

A presentación do libro Telegramas en cuarentena realizarase no 20 de xuño


A declaración do loito oficial polo accidente acontecido no Albacora Cuatro motiva que se adíe a presentación do libro Telegramas en cuarentena, de Marta Ojea, que estaba prevista para a tarde deste 17 de xuño.

A nova data elixida é o día 20, ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Organizado pola Concellaría da Cultura, coa colaboración da Escola de Música da Pobra, o acto contará coa participación da propia autora; da edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e da súa homóloga da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra).

A obra é o reflexo do día a día da escritora no transcurso dos meses de confinamento pola pandemia derivada da COVID-19; un momento no que moitas persoas se pararon a reflexionar e mirar ao seu interior.

A entrada é libre ata completa-la cabida.