O Pleno do concello de Santiago, reunido en sesión extraordinaria, e presidido polo alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, aprobou hoxe por unanimidade, co voto a favor de todos os grupos da Corporación Municipal, a emenda e o texto emendado do expediente de crédito extraordinario por importe de 1.955.000 euros; e o suplemento de crédito por 1.420.000 euros, mobilizando un total de 3.375.000 de euros para subvencións ao comercio, á hostalería, á cultura e ás pequenas e medianas empresas; e para a realización de actuacións de dinamización do comercio e da cultura e de actividades vinculada á dinamización lingüística promovida dende o Concello.
Defendeuno este punto a concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administracion Local. Marta Abal. Explicou que mediante crédito extraordinario de 1.955.000 euros habilítanse:
No ámbito da cultura
270.000 euros para unha liña específica de axudas ao sector profesional da cultura
100.000 euros para o desenvolvemento, directamente dende o Concello, de novas actividades de dinamización e promoción cultural.
75.000 euros para o desenvolvemento dunha axenda cultural.
2. No ámbito comercial e hostaleiro
350.000 euros para dar cobertura á necesidade de concesión dunhas liñas de subvencións, por concorrencia, para o financiamento de investimentos para a innovación e dixitalización do comercio local.
200.000 euros para a realización de actividades de rúa para a dinamización comercial e hostalería.
150.000 euros para a realización de actividades de promoción comercial.
30.000 euros para a realización dun estudo sobre o comercio de proximidade.
30.000 euros para a realización dun novo estudo sobre a Praza de Abastos que nos axude a impulsar a dinamización sostible deste mercado tan emblemático do noso concello.
3. No ámbito do emprego:
350.000 euros para dar cobertura de crédito á necesidade de concesión dunha liña de subvencións, por concorrencia, para o fomento do emprego estable e de calidade.
4. No ámbito empresarial.
150.000 euros para da cobertura á necesidade de concesión dunhas liñas de subvencións, por concorrencia, para melloras na práctica da economía circular
250.000 euros para dar cobertura á necesidade de concesión dunha liña de axudas a melloras e ao crecemento de empresas de economía social
Na rolda de prensa, o alcalde explicou en que consistía a emenda introducida.
Por que respecta o suplemento de crédito de 1.420.000 euros, habilítase crédito suplementando as seguintes actuacións:
1.250.0000 euros para bonos corazón co obxecto de dinamizar e incentivar o consumo no comercio e na hostalería local.
30.000 euros para suplementar a cantidade destinada a axudas culturais das asociacións.
75.000 euros para suplementar o crédito destinado a realización de actuacións de política lingüística.
15.000 euros para suplementar as axudas para actividades de promoción da actividade comercial
50.000 euros para suplementar a liña de subvencions destinadas a asociación veciñais.
A emenda, segundo explicou o alcalde Sánchez Bugallo na rolda de prensa dos venres, era necesaria para “establecer unha reserva por se é necesario reforzar o apoio ao biopolo”, polo que se detraeron 300.000 euros das cantidades iniciais.