Friday 22 de November de 2024

A piscina municipal de Lousame abrirá as súas portas o luns 27 de xuño


A piscina municipal da Silva abrirá o próximo luns 27 de xuño as súas portas para a temporada de verán, polo que permanecerá aberta os meses de xullo e agosto en horario de 15:00 a 21:00 horas. O Concello de Lousame informa de que xa se poden xestionar os distintos bonos de acceso na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 14:00 horas.

Como en anos anteriores, os veciños e veciñas de Lousame poden optar por abonos de tempada ou por entradas puntuais. En ambos os dous casos, os menores de 6 anos teñen a entrada de balde. No caso dos abonos de tempada, os prezos son de 15 euros (para rapazada entre 7 e 15 anos e persoas maiores de 65) e 20 euros (para persoas entre 16 e 64 anos). No caso das entradas puntuais, o prezo será de 1 euro (para rapaces e rapazas entre 7 e 15 anos e persoas maiores de 65) e 2 euros (para xente entre 16 e 64 anos).

Así mesmo, o Concello de Lousame establece unha tarifa reducida para persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade social e que contemplan un abono de tempada por 2 euros (para rapazada entre 7 e 15 anos e persoas maiores de 65) e de 4 euros (para persoas entre 16 e 64 anos). Unha tarifa que se aplicará previo informe dos Servizos Sociais municipais.