Friday 22 de November de 2024

Máis de sesenta persoas participan no Día da Bicicleta de Frades


Máis se sesenta veciños e veciñas participaron no Día da Bicicleta 2015 do Concello de Frades. Os participantes tiveron ocasión de percorrer dous itinerarios diferentes, adaptados a distintas idades: un de 12 quilómetros de lonxitude para maiores de 8 anos e outro de 3,5 quilómetros para os máis pequenos.

Os dous grupos partiron da Praza de Pontecarreira e estiveron acompañados durante o seu percorrido pola Garda Civil, na parte dianteira do grupo, e por un vehículo do Concello de Frades, pechando a marcha. Os afeccionados ao ciclismo pasaron por puntos do municipio como a igrexa de Gafoi, as pistas que bordean a canteira da empresa Erimsa, Vitre, Augas Santas e Ledoira. O punto de chegada foi de novo a localidade de Pontecarreira.

Ao remate da xornada, na que participaron o concelleiro de Deportes, Jesús Miguel Prado Cea, e o técnico deportivo municipal, Lino Espiñeira, procedeuse ao sorteo de material deportivo entre todos os participantes. Os máis pequenos contaron con xogos inchables para entreterse. A organización ofreceu avituallamento con froita e bebida.