Friday 22 de November de 2024

O Concello da Pobra declara loito oficial polo falecemento dos tripulantes do Albacora Cuatro


A corporación municipal da Pobra do Caramiñal acordou declarar loito oficial polo suceso acontecido no Albacora Cuatro, que estaba atracado en Puerto Victoria, nas Seychelles. Estábanse efectuando traballos de reparación no barco cando se produciu un escape de amoníaco que provocou o falecemento de dous tripulantes, un deles residentes na Pobra do Caramiñal. O loito oficial estenderase dende as 12.00 horas deste 17 de xuño ata as 24.00 horas do día 18; tempo durante o que a bandeira do municipio permanecerá a medio mastro.

Tamén se determinou solicitar ás administracións competentes a máxima dilixencia na repatriación dos corpos.

Ángel Boo Vidal instalárase recentemente coa súa familia no lugar de Rosamonde. O Concello da Pobra do Caramiñal expresa o seu fondo pesar e trasládalle a súa solidariedade e apoio á súa familia, así como á de Francisco Cameán Santos, residente en Xuño.