O Concello de Oleiros convoca a unha asemblea informativa a todos os veciños e veciñas da marxe esquerda da avenida das Mariñas dirección A Coruña ante o inicio das escavacións da obra do túnel de Sol y Mar nese lado da estrada. A reunión será o mércores 22 de xuño, ás 19:30 horas no auditorio da Fábrica.
Ao longo dos vindeiros días notificaráselle a asemblea ás persoas afectadas por esta nova fase da obra. Non se vai cortar ningunha entrada a ningún garaxe en ningún momento, pero si que se van facer cambios nas direccións de circulación da rúa Marisqueira e da praza de Agramar, dos que se informarán na reunión do mércores, así como das alternativas de aparcamentos que se crearán ante a necesidade de eliminar prazas de estacionamento.