Friday 22 de November de 2024

Entrega de diplomas e medallas dos cursos de natación organizados polo Concello de Ordes


Coa chegada do mes de setembro os cursos de natación organizados polo Concello de Ordes e desenvolvidos durante o verán na piscina do Muíño chegan ao seu remate. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e os concelleiros Susana García e Luis Caamaño, foron os encargados de entregar medallas, diplomas e alguna que outra sorpresa máis entre todas e todos os participantes. Este ano inscribíronse preto de 70 usuarios e usuarias con idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos. Todas e todos eles aprenderon a nadar ou, mesmamente, tiveron a ocasión de perfeccionar o seu estilo dentro da auga nestes últimos meses.
No acto de entrega, celebrado no Museo do Traxe debido ás condicións meteorolóxicas adversas, o alcalde manifestou a súa intención de aumentar o periodo de apertura das instalacións de cara á vindeira tempada.