A concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentou hoxe xunto co presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, Francisco José Pita, e José Luis Teijeiro e Santiago Vázquez, tesoureiro e vogal da citada entidade, o programa da “Fin de semana Cultural e Gastronómica” que se celebrará na citada parroquia os días 2 e 3 de xullo.
A zona de estacionamento da igrexa parroquial de Piñeiros acollerá os actos previstos, que o día 2 inclúen o “VIII Encontro de Rondallas Concello de Narón”, a partir das 17.30 horas, e no que participarán as formacións Añoranzas, Rondalla Mugardesa, Só Elas e Lucero del Alba. A cita inclúe a maiores, ao remate do acto, unha sardiñada popular.
Na xornada do 3 de xullo celebrarase o “XVI Encontro de Bandas de Gaitas Memorial Lolete”, que este ano dende as 11.30 horas contará coa actuación da banda de gaitas Marino Tapiega, de Asturias. Trala actuación dará comezo a “XIII Festa do churrasco”, cun menú a base de paella, churrasco, liscos, chourizo criollo, patacas, pan, bebida postre e café. A churrascada e o baile posterior estarán amenizados polo cantante Jorge Latino.
Dende a AVV de Piñeiros o presidente avanzou que os tickets tanto para a sardiñada do sábado como para a churrascada do domingo estarán á venda o propio día do evento baixo a carpa que, con sillas, se habilitará para o apartado gastronómico. Así mesmo, Pita indicou que as persoas que desexen reservar mesa con anterioridade poden facelo chamando ao número de teléfono: 630 758 663.
A concelleira de Festas e os representantes da entidade veciñal de Piñeiros amosaron a súa confianza en que a veciñanza acuda a estas celebracións, que se recuperan tras dous anos de pandemia.