Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Boqueixón abre ata o 30 de xuño o prazo de solicitude de praza para os cursos de inglés 2022/2023


O Concello de Boqueixón vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de inglés para o curso 2022/2023. O desenvolvemento das clases de inglés terá lugar no CPIP Antonio Orza Couto, de outubro de 2022 a xuño de 2023.

O curso está dirixido a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria; así como mozos e mozas a partir de 16 anos (incluídos), grupos A2, B1 e B2. Terán preferencia as persoas que estean empadroados no Concello de Boqueixón ou escolarizados nun centro educativo do concello. As clases terán unha duración de dúas horas por semana, ben repartidas en dous días ou de forma continua nunha mesma xornada.

O Concello de Boqueixón abre ata o 30 de xuño o prazo de inscrición, para o que haberá que enviar a ficha de solicitude (dispoñible na páxina web) preferentemente de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón. Para iso, a documentación deberá ser incluída no apartado “solicitude xeral”. Tamén se poderá presentar de xeito presencial por Rexistro (con cita previa no 981513052). Unha vez finalizado o prazo de inscricións no caso de que quedar prazas vacantes, poderán ser cubertas por novas solicitudes, seguindo o rexistro de entrada.

O prezo do curso é de 30€/ mes e o Concello de Boqueixón establece descontos do 25% para o segundo fillo e do 50% para o terceiro (os sucesivos serán de balde). O pago realizarase con carácter bimestral mediante domiciliación bancaria e non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada. As baixas deberán presentarse antes do día 20 do mes anterior no departamento de Cultura ou a través do e-mail cultura@boqueixon.com

Máis información no teléfono 981 513115 ou no correo electrónico cultura@boqueixon.com.