O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá no día de mañá, 17 de xuño, ás 11.30 horas, a inauguración da exposición Marea fotográfica.
Este é o resultado do proxecto fotográfico realizado por alumando de 4.° da ESO do IES pobrense, coordinado polas profesoras Elisa Costas e Marga Saborido. A autoría das imaxes recae en Rubén Cajide, Eva Fernández, Yago Fernández, Fabián García, Marcos González, Lucas Lijó, Carlos Montes e Fabián Vidal.
Organiza o IES da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).
A entrada é libre ata completa-la cabida.