O xogador do club de Xadrez Arteixo, pertencendo á categoría sub-16 conseguiu a primeira posición nunha apertada última rolda
Un ano máis e dentro da programación municipal de verán, o Concello de Carral organizou o pasado sábado 29 de agosto a 6ª edición do Torneo de Xadrez de Verán.
O torneo, que se disputou na biblioteca municipal, reuniu 30 xogadores afeccionados a este deporte. Constou de 6 roldas, enpartidas de 10 minutos cun incremento de 2 segundos por xogador. Os participantes dividíronse en 4 categorías (sub-12, sub-16, absoluto e mellor local). A competición deu comezo sobre as 16.30 h e finalizou entorno ás 20.00 h, momento no concelleiro de deportes, Rubén Regueira, fixo entrega dos trofeos aos gañadores e dun detalle conmemorativo a todos os participantes.
Os campións desta 6º edición do torneo de xadrez de verán de Carral foron:
Categ. Absoluta
1º- Daniel González Eirís (sub-16)
2º -Francisco Amado Rodríguez
Categ. Sub 16:
1º- Diego Bugliot Mateo
2º- Javier Fernández Rozas
Categ. Sub 12:
1º- Pedro Fernández López
2º- Diego Bermúdez Deschamps
Categoría Mellor Local:
1º- Marcos Bermúdez Mosquera
Cursos de natación.
Por outra banda, ao longo da mañá do luns 31, a concellaría de deportes de Carral clausurou os cursos de natación que transcorreron ao longo do mes de agosto. Foron 70 os nenos que aprenderon e/ou perfeccionou as súas habilidades no medio acuático durante este mes.
Os cursos organizáronse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo establecéronse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartíronse en horario de mañá, en tres grupos (grp.1 de 11.45 a 12.30 h, grp.2 de 12.30 a 13.15 h e grp.3 de 13.15 a 14.00 h), por monitores especialistas na modalidade cunha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres.
A entrega de medallas e diplomas a todos os cursillistas correu a cargo do concelleiro de deportes, Rubén Regueira, que eloxiou o esforzo e a aprendizaxe demostrada ao longo do mes por todos os alumnos/ás.