A Biblioteca municipal abrirá hoxe ás 16.30 horas o prazo de inscrición na actividade “Canta, buguina, canta!”, que terá lugar este sábado, día 18, ás 11.00 horas nas citadas instalacións. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que se trata dun espectáculo da compañía Charlatana dirixido a bebés de entre 0 e 36 meses, que deben ter o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes.
Os participantes realizarán unha viaxe polo mar, soprando unha buguina e visitarán illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas, regarán herba, xogarán coa subida e a baixada da marea, cantarán e realizarán barcos de papeis para continuar viaxando lonxe.
A actividade, tal e como indicou Taibo, conta cunha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do programa “Ler conta moito”.
As inscricións poden tramitarse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións.