Saturday 16 de November de 2024

O Sigüeiro FC proclámase campión do XIII Torneo de Fútbol Concello de Oroso


Venceu ao Sigüeiro ‘B’ na tanda de penaltis da final, mentres que no partido polo terceiro posto o Xuventude impúxose ao Deixebre

O Sigüeiro FC proclamouse campión do XIII Torneo de Fútbol Concello de Oroso, ao vencer na final da competición ao Sigüeiro B. Foi necesario agardar á tanda de penaltis para coñecer o gañador, dado que o tempo regulamentario concluira cun empate a cero. No partido polo terceiro posto, o Xuvenil ED Xuventude Oroso gañoulle á SD Deixebre, cun resultato de 0-1.

Nas semifinais, o Sigüeiro FC medírase co Xuvenil ED Xuventude Oroso, cun resultado de 4-0. O Sigüeiro ‘B’ xogara nesa fase coa SD Deixebre, nun encontro que rematou en empate a cero e que, por tanto, se decidiu nos penaltis.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, acudiu a presenciar o Torneo, acompañado polos concelleiros de Deportes, Luis Rey Villaverde, e de Seguridade Cidadá, Antonio Leira. Os tres encargáronse da entrega dos trofeos desta competición.