O martes, 13 de setembro de 2022, volve a Cariño o servizo móbil de renovación do DNI, que estará situado no salón de plenos do Concello de Cariño en horario de 9 a 11 horas. A recollida terá lugar o xoves 15 de setembro.
Existe unha cota máxima de 45 solicitudes polo que é imprescindible solicitar cita previa no teléfono 981 405 064. A taxa para pagar é de 12 euros.
É importante acudir á hora fixada para evitar aglomeracións. Só poderá acceder a persoa que realiza o trámite, excepto menores ou persoas dependentes, que deberán ir acompañados da nai, pai ou titor legal.