Friday 22 de November de 2024

Un total de 35 veciños e veciñas de Frades percorren un tramo do Camiño Inglés entre Paderne e Abegondo


A próxima cita (Presedo-Hospital de Bruma) terá lugar en setembro

n total de 35 veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha nova andaina polo Camiño Inglés, concretamente entre Porto de Abaixo (Paderne) e Presedo (Abegondo). Unha etapa “non oficial” do Camiño Inglés xa que o Concello de Frades preferiu dividir en dúas sesións a etapa máis longa para facilitar a participación de persoas de todas as idades e condición física.

A próxima etapa do Camiño Inglés, entre Presedo (Abegondo) e o Hospital de Bruma (Mesía) queda para o próximo mes de setembro. O prezo mantense nos 10 euros por persoa, que pode elixir entre levar comida para o camiño ou xantar nalgún restaurante da zona por conta propia. Inscricións no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567.