Para amenizar a noite de San Xoán na praia de Bastiagueiro, o Concello contratará unha orquestra que tocará desde a explanada do acceso á praia da rúa de Bastiagueiro. Ademais, como xa se anunciara, porase leña a disposición da veciñanza gratuitamente para evitar a contaminación dos areais con materiais ou obxectos que tamén poden provocar danos a bañistas e persoas usuarias das praias.
A Policía Local e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.
Segue aberto o prazo para solicitar autorización para realizar unha fogueira, tanto nas praias coma noutros lugares. As normas e a solicitude pode descargarse na web municipal e deberá ser entregada cuberta e asinada no Rexistro da Casa do Concello ou da Sede electrónica ata o día 22.
SOLICITUDE E NORMAS BÁSICAS:
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=299358&folderId=124834&name=DLFE-34282.pdf