Como nos últimos anos no verán, a liña de bus urbano 1-A da Coruña vai estender o seu percorrido ata Santa Cristina desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. As frecuencias oscilarán entre os 15 e os 25 minutos en ambos sentidos.
De luns a venres, o primeiro bus sairá ás 6:30 horas do Abente y Lago e o último ás 22:50 horas. Os sábados haberá buses desde A Coruña de 6:35 a 22:50 horas. Os domingos o servizo irá desde as 7:30 ata as 23:00 horas. Desde Santa Cristina, de luns a venres, haberá buses desde as 6:55 ata as 22:09 horas. Os sábados os horarios serán de 7:00 ata 22:25 horas. Os domingos e festivos de 7:55 a 22:27 horas.