O teatro das Torres de Santa Cruz acolle o vindeiro xoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, a presentación da obra Lúa Nova de Irene Montero. Ademais da propia autora, na presentación intervirá a profesora de lingua galega Pepe Taboada e actuarán as pandereteiras Seixebre do grupo de Baile e Gaitas Santaia.
Irene Montero, veciña de Santa Cruz, licenciouse en filoloxía e dedícase á comunicación corporativa. O xoves presenta a súa primeira novela Lúa nova, coa que conseguiu gañar a oitava edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.
A obra está baseada na pianista Lúa Lóngora, unha rapaza cega de nacemento e recoñecida no mundo enteiro polas súas habilidades co piano. Unha historia conmovedora que invita á reflexión cunha percepción da realidade máis aberta, inclusiva e respectuosa.