Friday 22 de November de 2024

Máis de 200 persoas pedalearon na Pobra polo Día da Bici


A calor non foi un impedimento para que un total de 225 persoas participasen no Día da Bici que se festexou na Pobra do Caramiñal no 12 de xuño como unha maneira de coñece-la vila dunha maneira lúdica, non competitiva e aberta a todo o mundo.

Esta cita organizada pola Concellaría dos Deportes, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), tamén tivo unha vertente solidaria mediante a achega dun quilogramo de alimentos non perecedoiros no momento da inscrición.

A saída efectuouse da praza Alcalde Segundo Durán con dous percorridos: un de aproximadamente 12’4 quilómetros que discorreu polo centro e rural, cunha parada de avituallamento en Cabío; e outro destinado para as crianzas menores de 8 anos para completar unha distancia de 1’5 quilómetros polo núcleo urbano.

Para os/as nenos/as tamén se habilitou unha xincana e xogos.

A xornada culminou co sorteo dunha bicicleta, ademais doutros agasallos cedidos por entidades colaboradoras.