Neste 13 de xuño tivo lugar o comezo da impartición do nivel básico do curso de aplicador/a manipulador/a de produtos fitosanitarios promovido pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal e solicitado á Consellaría do Medio Rural. Este primeiro módulo desenvolverase ata o día 17 de xuño e concluirá co exame para a obtención do carné, no día 20.
A edil Amparo Cerecedo (BNG) achegouse ata a aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal para recibi-las 15 persoas participantes.
Esta formación complementarase cunha nova acción no día 28 mediante a cal se afondará na normativa esixible en materia de sanidade e uso sustentable de produtos fitosanitarios na produción primaria agrícola.