Despois de xornada e media de celebración, numerosos visitantes están respondendo coa súa presenza na segunda edición da Festa do Polbo de Palmeira: certame que abriu as portas no mediodía de onte na explanada portuaria desta localidade co pregón do xornalista Pemón Bouzas.
Así, e a falla e a falla de concretar os datos desta noite unha vez peche as súas portas o recinto da festa, as previsións apuntan a superar os mil quilos de polbo consumido, ademais doutros produtos tan típicos como os mexillóns ao vapor, empanadas, churrasco ou criollos.
O gran ambiente que se respira na localidade fixo que onte pola noite o espírito festivo se prolongara ata máis aló das dúas da madrugada na propia carpa (había música de ambiente da man do trío Togayán), espírito que se contaxiou nos locais de hostalería da contorna que tamén rexistraron un alto volume de afluencia.
Música
Espérase que na noite de hoxe aconteza o mesmo nunha sesión que contará coa actuación musical da vocalista pobrense Mar Davila. Entrementres, a sesión matutina estivo amenizada (ao igual que xa sucedera no día de onte) pola charanga BB+ e máis polo grupo de gaitas local O Rueiro da Sociedade Hijos de Palmeira.
Cómpre lembrar que a Primeira Festa do Polbo de Palmeira está organizada polo Concello de Riveira coa colaboración da Comisión de Festas de Palmeira e os bares Baluarte, a de Alejandro e Manolo do Café, ademais de Silvia Gago e o propio Manuel Veloso.
A carpa da festa ampliou a súa superficie, pasando dos 500 metros cadrados do 2014 a un total de 750 metros cadrados. O famoso pulpeiro Manuel Veloso encargouse da preparación do octópodo.