O Concello de Miño organiza unha viaxe a Barcelona e Portaventura dirixida a mozos e mozas nacidos entre o ano 2003 e 2007.
A saída, que terá lugar do 24 ao 29 de xullo, conta con 50 prazas dispoñible e o prezo por participante é de 236,67 euros. O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de xuño e pode formalizarse a través do correo electrónico cultura.deportes@concellodemino.gal ou nos teléfonos 981 784 405 e 981 782 659.</comunica@artabra.es>