Friday 22 de November de 2024

O BNG denuncia por terceira vez a inseguridade que supón dunha casa ruinosa en Padín


O Bloque Nacionalista Galego insta ao goberno local, por terceira vez, a realizar de maneira inmediata as tarefas de consolidación oportunas ante o risco de que unha vivenda situada en Padín se veña abaixo. A vivenda en cuestión presenta importantes gretas e fisuras e corre o risco de virse abaixo.

Segundo o BNG é necesario realizar actuacións urxentes e inmediatas para consolidar a fachadas da vivenda que eviten a caída de cascallos como aconteceu esta semana. O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, detallou que non é a primeira, nin a segunda vez que notifican desta cuestión ao goberno local pero este non actúa. “Débese actuar xa para evitar riscos e danos persoais” asegura o Pérez Barral, a quen lle preocupa que en calquera momento poida desprenderse máis anacos.

Segundo Pérez Barral os desprendementos desta semana foron imporantes xa que obrigaron a impedir o acceso ao parque de Padín polo risco que hai para a seguridade das persoas. “Disto xa informamos en abril e novembro de 2021 pero o señor Ruiz e o seu goberno non actúan, cando pensan facelo? Cando haxa que lamentar algunha persoa ferida? pregúntase o concelleiro nacionalista.

Por todo isodesde o BNG urxen ao executivo local a que interveña ante unha situación que cualifican de moi perigosa ao atoparse nun parque infantil e nunha zona de moito tránsito de persoas que acoden ao coñecido supermercado que hai alí.