Friday 22 de November de 2024

As persoas que realicen unha fogueira na noite de San Juan deberán informar previamente ao Concello


· Tanto se é en espazo público como privado, os veciños e veciñas deberán comunicarllo ao Concello, cunha antelación mínima de dous días.

· Terán que sinalarse os datos da persoa responsable e o lugar onde se vai a levar a cabo.

O Concello de Ortigueira informa de que as persoas que queiran levar a cabo unha fogueira na noite de San Juan xa poden notificalo. Tanto se é en espazo público como privado, os veciños e veciñas deben realizar a comunicación previa ao Concello, cunha antelación mínima de dous días, facendo constar os datos da persoa responsable e o lugar onde se vai a levar a cabo.

No caso das fogueiras en espazos públicos, non poderán facerse sobre pavimento de formigón, asfalto ou material cerámico. Tampouco sobre o céspede de zonas verdes, en praias ou espazos verdes públicos limítrofes ás mesmas. Noutra clase de zonas públicas, as persoas organizadoras deberán adoptar as medidas necesarias para que as fogueiras non provoquen danos no chan.

O Concello apela á responsabilidade cidadá e sinala a necesidade de, unha vez finalice a fogueira, as persoas responsables comproben que as cinzas queden completamente apagadas.