Friday 22 de November de 2024

Prazas e rúas de Santa Cruz acollen 10 actuacións da Escola Municipal de Música este domingo


O roteiro musical da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten programadas 10 actuacións distintas en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. Serán este domingo día 12, entre as 11:30 e as 21:00 horas.

O itinerario de actuacións comezará ás 11.30 horas no Parque de Naval coas prebandas. Continuará ás 12:00 horas no Castelo o grupo de frautas e ensamble de metais, ás 12:30 horas na rúa do Mar o combo de música moderna, ás 13:00 horas no Parque Luís Seoane a Banda Municipal, ás 15:30 horas na polideportiva de Meixonfrío actividades deportivas, ás 17:30 horas na praza do Muíño música tradicional, ás 17:30 horas na praza de Liáns colectiva e cuartetos de cordas e acordeóns, ás 19:00 horas na ponte do Castelo piano e ás 19:30 horas na praza de Esther Pita a Orquestra Sinfónica xunto con varios grupos da Escola Municipal de Danza. A Big Band poñerá o peche á xornada ás 21:00 horas na praza do Castelo.

Todas as actuacións son abertas a toda a cidadanía.