O sábado 5 de setembro terá lugar a décimo terceira edición da Andaina Popular Concello de Riveira: unha das citas na súa modalidade máis veteranas que existen en Galicia e que este ano terá como principal novidade a incorporación dunha terceira distancia de 60 kilómetros a maiores das dúas que había ata agora.
A concelleira de Deportes Aroa Fernández, a tenente de alcalde Fabiola García, Maribén Sampedro como presidente da Asociación de Veciños de Carreira e Moncho Sampedro como coordinador da sección de sendeirismo da Asociación As Miñoteiras foron os encargados de ofrecer as principais características desta acción na que xa hai inscritos 160 participantes.
As tres distancias alternativas terán o seu arranque ás 9 horas na Fieiteira. Unha delas será de 50 quilómetros (constituirá o sendeiro base sobre que o se artellan os outros dous percorridos), outra 35 e, como novidade, haberá un terceiro itinerario denominado Xtrem de 60 quilómetros que pasa por lugares como a fervenza de San Amedio ou o monte Tahume.
O sendeiro marítimo da Ameixida, o parque de San Roque, a Pedra das Cabras, o Dolmen de Axeitos ou o sendeiro do río Sanchanás (Arlés) serán algúns dos puntos que se atravesarán en todos os traxectos, tocando sete das nove parroquias do municipio (todas agás Aguiño e Corrubedo.
Os interesados poden inscribirse na páxina web do Concello (www.riveira.es ou www.riveira.gal). Ata o mércores da videira semana o prezo de inscrición será de 16 euros para os non federados e de 13 para os federados. Despois o importe subirá ata os 25 euros (prezo único). Hai límite de participantes: 300.