Friday 22 de November de 2024

O Concello mantén aberto o prazo para anotarse nos obradoiros “Conéctate á rede”


A edil de Benestar Social, Catalina García, recordou que permanece aberto o prazo de inscrición nos obradoiros “Conéctate á rede”, con carácter de balde e dirixidos a persoas maiores da cidade. A actividade forma parte das convocadas a través do Programa Municipal de Envellecemento Activo e a súa finalidade é, tal e como apuntou García, “que aprendan a manexar as diferentes funcións dos teléfonos móbiles, o que lles será moi útil para relacionarse a través deles con familiares, amizades e mesmo coas administracións”.

Nas sesións, que se imparten na zona urbana e rural, teñen unha duración de dúas horas ao día –20 en total- e nas mesmas explícanse temas como o xeito de utilizar os smartphones, como son, iconas da pantalla, gardar números na axenda, realizar fotos e vídeos, acceder a internet e configurar o correo electrónico, descargar e instalar aplicacións, aplicacións recomendadas para persoas maiores…
Os obradoiros rematarán en novembro deste ano e desenvólvense en centros cívicos sociais e locais sociais, donde se poden presentar as solicitudes ata completar as prazas ofertadas e tamén solicitar máis información sobre os mesmos.